A festa gastronómica de Miñortos arrinca con castañas asadas

La Voz

BARBANZA

BASILIO BELLO

Un magosto precederá á exaltación gastronómica de mañá, na que reinará o porco ao espeto

16 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Miñortos (Porto do Son) • 20.00 horas • O magosto desta tarde servirá para ir caldeando o ambiente en Miñortos, de cara á gran festa gastronómica promovida para mañá pola asociación Gaivotas. A degustación de castañas estará animada polo trío Azar. Xa pola mañá, o grupo Axóuxeres percorrerá a localidade.

Mañá, a repartición gratuíta de porco ao espeto comezará cara ás dúas da tarde. Está previsto que se repartan un milleiro de racións de carne asada. Pola noite, a orquestra Stéreo encargarase de pór o broche ao San Martiño.