Os Trabandainas vanse de ruta polas carballeiras de Allariz

La Voz

BARBANZA

cedida

A camiñada terá lugar o próximo día 18 e os interesados en sumarse teñen que inscribirse canto antes

08 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O club Trabandainas organizou, para o próximo día 18, unha ruta de sendeirismo por Allariz, na que se combinarán impresionantes carballeiras co curso do río Arnoia e a propia vila, declarada conxunto histórico artístico desde 1971 e que, no 2007, foi distinguida como reserva da biosfera pola Unesco.

Aquelas persoas que teñan interese en sumarse a esta iniciativa poden pórse en contacto coa entidade, enviando un wasap ao número de teléfono 683 354 297. O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición.