En marcha unha nova edición das bolsas Juan Lampón

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A atleta Iria Parada amadrina a convocatoria deste curso

08 novs 2018 . Actualizado ás 17:41 h.

Coa presentación de hoxe no instituto pobrense púxose en marcha oficialmente unha nova edición das bolsas Juan Lampón, creadas pola familia do malogrado regatista para premiar o esforzo de estudantes de distintos centros da comarca. A atleta Lidia Parada, campioa de España en lanzamento de xavelina, amadrina a convocatoria deste curso.

Precisamente, no seu día ela foi unha das agraciadas con estas bolsas. Como cada ano, repartiranse seis entre alumnos de toda a comarca -un delas está reservada para estudantes do instituto da Pobra- que destaquen tanto polo seu expediente académico como polos seus méritos deportivos. Dolores Outeiral, nai de Juan Lampón, tamén asistiu á presentación das bolsas, de 250 euros cada unha, destinadas á adquisición de material académico, deportivo ou cultural.