A competición rianxeira xa suma preto de medio milleiro de inscritos

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CEDIDA

A carreira disputarase o próximo 1 de novembro

26 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O próximo día 1 as rúas da vila rianxeira recibirán por centos de deportistas que disputarán a quinta edición da Carreira Popular Concello de Rianxo, enmarcada nos circuítos de Arousa Norte e da Deputación e incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo. A cita conta xa con preto de medio milleiro de inscritos.

Como explicaron onte o alcalde, Adolfo Muíños, e o técnico de Deportes, Moncho Villanustre, o prazo de inscrición, a través da web emesports.é, permanecerá aberto ata o luns.