Amas de Casa da Pobra reforza os seus coros

La Voz

BARBANZA

Aberto o prazo de inscrición para recibir clases de canto coral

17 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación de Amas de Casa da Pobra abriu o prazo para poder formar parte dos coros da entidade. Os nenos maiores de 4 anos poderán sumarse o grupo infantil Musicanti, que ensaia os venres de 19.30 a 20.30 horas, mentres que a coral Abrente de adultos faino os venres e sábado, ás 20.30 horas. Máis información no teléfono 981 832 970.