Segunda travesía do Xurelo

La Voz

BARBANZA

Non dispoñible

A tripulación do pesqueiro ribeirense conseguiu abordar dous buques que estaban a depositar residuos

14 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Xurelo protagonizara unha primeira cruzada ambiental en setembro de 1981. Con políticos, xornalistas e ecoloxistas acompañando á tripulación, o barco saíu fóra das augas xurisdiccionais de España, unhas 300 millas ao noroeste de Fisterra, para loitar contra o depósito de residuos radioactivos na fosa atlántica. A expedición conseguiu facer fotografías de dúas embarcacións tirando bidóns pola borda.

Hai 36 anos, cando xa se estaba negociando a prohibición das verteduras, o Xurelo regresou á fosa atlántica con dous pesqueiros máis fretados polos concellos de Vigo e A Coruña, ademais de por unha nave de Greenpeace. Naquel segundo intento si que conseguiron abordar dous buques que estaban a depositar residuos.

Como consecuencia daquelas expedicións, en febreiro de 1983 aprobouse unha moratoria de verteduras. Estes quedaron definitivamente prohibidos en 1992 polo Convenio de Londres.