Dous miles motoristas tomaron Coroso

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

Gran éxito de participación na concentración organizada polos Reventapistóns

23 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Todas as previsións de participación quedaron curtas, e a segunda concentración moteira organizada pola asociación Os Reventapistóns reuniu onte en Coroso a máis de dous mil afeccionados aos vehículos de dúas rodas chegados de Galicia e Portugal. Os asistentes puideron participar en distintas actividades, que incluíron desde xogos ata unha exhibición de zumba e varias degustacións. Non faltou o compoñente musical, e varios grupos e picadiscos animaron a festa. foto Marcos Creo