Un condutor abandona o seu turismo tras envorcar en Santa María de Roo

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Membros de Protección Civil de Noia e os bombeiros de Boiro acudiron á zona pero non acharon ao ocupante do automóbil

23 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Totalmente baleiro. Así se atoparon onte os membros de Protección Civil de Noia e do parque de bombeiros de Boiro un turismo que sufrira un accidente e estaba envorcado na estrada que cruza o núcleo de San Paio, na parroquia noiesa de Santa María de Roo.

Os equipos de urxencias recibiron o aviso do sinistro ás sete da mañá de onte, pero cando chegaron á zona non atoparon a ninguén, polo que sospeitan que o condutor se foi a pé á súa casa. Un guindastre encargouse de retirar o automóbil da estrada.