O caos chegou co ciclón Gordon

La Voz

BARBANZA

Non dispoñible

Os ventos tempestuosos derrubaron árbores e o tellado das bancadas do campo de fútbol de Aguiño

21 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai uns días, cando se falaba da posible chegada ás costas de Galicia dos restos do furacán Helen, seguro que moitos reviviron o paso pola comarca doutros fenómenos atmosféricos que deixaron pegada. Un deles foi o ciclón Gordon, que hai exactamente 12 anos deixaba un regueiro de incidencias en Barbanza. Os fortes refachos de vento tempestuoso que se rexistraron na madrugada do 21 de setembro do 2006 derrubaron decenas de árbores, un sobre unha vivenda da localidade carnotá de Pedrafigueira e outros sobre viarias que tiveron que ser pechados ao tráfico, como a avenida de Barraña boirense ou a AC-550 ao seu paso por diferentes núcleos de Porto do Son e Muros.

Un dos inmobles que resultou máis afectados o paso do Gordon foi o campo de fútbol de Aguiño. O tellado das bancadas do recinto da Tasca derrubáronse coma se dun castelo de naipes tratásese. Os servizos de urxencias da zona traballaron durante días.