Rey Romero incorporarase ao paseo literario da vila rianxeira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

A intención do executivo rianxeiro é instalar outros tres monólitos

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A o longo do paseo marítimo de Rianxo están diseminados unha serie de monólitos dedicados aos grandes escritores do municipio e ás súas principais obras. Ese percorrido literario xunto ao mar completarase proximamente coa incorporación dun autor ausente ata agora: Faustino Rey Romero .

A intención do Concello rianxeiro é instalar outros tres monólitos dedicados ao cura de Isorna a modo de homenaxe. A previsión é situalos a continuación dos monumentos sobre Castelao e Rafael Dieste, nas inmediacións da praia do Pazo.