A Deputación renovará cinco quilómetros do viario Leiro-Isorna

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

O alcalde rianxeiro precisou que a intervención xa está aprobada e sacarase a concurso en breve

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Nas próximas semanas está previsto que saia a licitación unha obra da Deputación provincial que ten por obxectivo iniciar a renovación do firme da estrada que une a vila rianxeira coas parroquias de Leiro e Isorna. Esta primeira actuación afectará a un tramo de cinco quilómetros.

O alcalde rianxeiro precisou que a intervención xa está aprobada e en breve sacarase a concurso. Engadiu que se trata dunha primeira obra e que a intención é renovar practicamente todo o trazado en distintas fases.