Último día para poder baixar polo tobogán xigante de auga da Pobra

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A actividade estará aberta de catro da tarde a nove da noite

22 jul 2018 . Actualizado ás 05:05 h.

Desde as catro da tarde e ata as nove da noite de hoxe aínda se poderá gozar do tobogán xigante de auga instalado na praza Segundo Durán. As invitacións para utilizar esta atracción pódense conseguir facendo unha compra ou tomando unha consumición nos locais comerciais e hostaleiros do municipio. Desde a organización lembran que hai que levar chanclas ou calcetíns para non sufrir danos nos pés.