Os artistas pintan en directo na Pobra

La Voz

BARBANZA

O tema do certame serán as estampas mariñeiras

22 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • A Pobra • De 10.00 a 19.00 horas • Hoxe terá lugar na Pobra o terceiro concurso de pintura ao aire libre. Os participantes terán que cinguirse a unha temática concreta, as estampas mariñeiras. Disporán de oito horas para completar as súas creacións. Ás 21.00 darase a coñecer o fallo do xurado. En xogo hai tres premios que suman 600 euros.