Hemeroteca: Ribeira chorou a morte do seu cronista oficial, Carlos García Bayón

La Voz

BARBANZA

Non dispoñible

Publicou unha decena de libros e unha infinidade de artigos, ademais de exercer a docencia durante 44 anos

31 oct 2019 . Actualizado ás 17:13 h.

Tal día como hoxe do 2003 falecía Carlos García Bayón, un prolífico escritor e profesor que era fillo adoptivo de Ribeira desde 1982 e cronista oficial da cidade desde 1983. Morría tras ter dedicado media vida a escudriñar na historia de Barbanza a través de pedras, cruceiros, escudos e outros tesouros patrimoniais; unha viaxe ao pasado do que regresara con probas en forma de vasijas, muíños da época romana e outros vestixios similares.

Bayón publicou unha decena de libros e unha infinidade de artigos nos principais xornais. Exerceu a docencia durante 44 anos. Centos de persoas, entre as que estaba o entón presidente da Xunta, Manuel Fraga, déronlle o último adeus.