Un incendio afecta á zona de Runs

M.G. RIBEIRA

BARBANZA

Os equipos de extinción traballan na zona

24 abr 2018 . Actualizado ás 17:16 h.

Á primeira hora da tarde orixinouse un incendio forestal que afecta á zona de Runs. Os equipos de extinción xa se atopan traballando na zona e, en principio, as chamas están controladas e non afectaron a unha gran extensión de terreo. O grupo municipal de urxencias de Boiro ocúpase dos labores para apagar o lume.