Outro tope de caucho confundido cun fardo

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

19 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Boiro foi escenario onte dunha escena que xa se repetiu en Porto do Son e Ribeira. Ata a praia de Barraña arribou o enésimo tope de caucho, que os veciños confundiron cun fardo de cocaína. Ata a praia desprazouse unha patrulla da Garda Civil, que comprobou que o obxecto non tiña procedencia ilexítima. Persoal de Protección Civil axudou aos axentes a levar o paquete. foto cedida