Aniversario con sorpresa incluída

La Voz

BARBANZA

Purita Barreiro regalou á súa nai, Esperanza Romero , unha exposición con todo os traballos que leva realizados nos últimos anos

18 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Esperanza Romero Pérez é unha noiesa que o pasado domingo cumpriu 81 anos Para celebralo, a súa filla, Purita Barreiro, montoulle unha exposición cos traballos de escarvadentes, patchwork e calceta que leva realizando desde que se xubilou. Á cita foron invitadas as compañeiras de clase da homenaxeada, pero a voz correuse e acabaron concentrándose no baixo do hotel Tío Manolo unha chea de veciños. Tal foi o éxito que a mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro domingo.