Taragoña dará cabida a un concurso de carrozas precedido por un desfile

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A festa trasladarase despois ao interior do centro cultural de Taragoña, onde terá lugar unha nova edición de Bituin the Tris

17 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Taragoña (Rianxo) • A partir das 17.00 horas • Hai xa varios anos que un grupo de veciños de Taragoña alongan o entroido no municipio rianxeiro cun desfile de carrozas o sábado de piñata. O de hoxe partirá do atrio da igrexa ás 17.00 horas, rumbo a Campo de Pazos, onde o xurado emitirá o seu veredicto e terá lugar a entrega de galardóns. Haberá premios en metálico para os tres mellores grupos e agasallos para todos os participantes. Estroupele e Lusco e Fusco porán a nota musical.

E cando conclúa o concurso de carrozas, a festa trasladarase ao interior do centro cultural de Taragoña. Alí, da man de Antrospinos, terá lugar unha nova edición de Bituin the Tris.