Ondas de oito metros de altura en Corrubedo

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

O temporal marítimo que onte percorreu a comunidade galega tamén se deixou sentir na costa barbancesa

18 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O temporal marítimo que onte percorreu a comunidade galega tamén se deixou sentir na costa e nas praias barbancesas, onde se chegaron a rexistrar ondas de ata oito metros de altura. Moitos curiosos non quixeron perderse este espectáculo natural e achegáronse a zonas de mar aberto, como a localidade de Corrubedo, para poder ver en directo a forza da ondada. foto marcos creo