Unhas 800 persoas viron xa o «Homenaxe a Castelao» en Artes

La Voz

BARBANZA

cedida

Cen estudantes do IES Número Un percorreron onte as instalacións do museo ribeirense

18 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe Museo do Gravado de Artes (Ribeira) • De 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas • Desde o pasado 1 de decembro, o Museo do Gravado de Artes rende a súa particular homenaxe a Castelao, cunha exposición de traballos vinculados ao escritor rianxeiro que ocupa as tres salgas do centro. Ata o momento viron esta colección unhas 800 persoas. Cen delas son os alumnos do IES Número Un de Ribeira que, distribuídos en varios grupos, percorreron onte as instalacións museísticas.

Hoxe, unha parte do Homenaxe a Castelao será desmontada. Trátase das vinte serigrafías dixitais achegadas por José Fuentes , catedrático de Gravado da Universidade de Salamanca. Estas obras, nas que os debuxos do galeguista sobreponse a diferentes edificios emblemáticos de Galicia, viaxarán ata Rianxo, onde a exposición poderá verse a partir de mañá.

No Museo de Artes permanecerán, ata mediados de febreiro, dúas salas ocupadas con obras relacionadas con Castelao. Nunha, Florencio Maíllo, outro catedrático de Gravado salmantino, exhibe medio centenar de polípticos ao redor dos cruceiros. A outra permite ao público mergullarse no Sempre en Galiza, a través dun exemplar dunha edición limitada que viu a luz no 2004 e das estampas elaboradas para ilustrar dita obra.