Chévere aterra en Rianxo con «Eroski Paraíso»

La Voz

BARBANZA

13 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado • Salga Arcos Moldes do auditorio (Rianxo) • 20.30 horas • A compaña Chévere regresará esta fin de semana á vila rianxeira coa súa Eroski Paraíso, unha peza que evocará a extinta sala de festas muradá Paraíso, que funcionou entre o 1972 e o 1990. A función volverá pór en escena unha vella historia de amor e o seu reencontro, no interior dun supermercado. As invitacións (máximo dous por persoa) poderán retirarse antes do inicio da función.