Unha casa mariñeira pasou a ser a oficina de turismo pobrense

La Voz

BARBANZA

Non dispoñible

O Concello salvou da derriba a vivenda de Celestina Porteiro e trasladou a súa fachada á zona do Castelo

09 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai dúas décadas, en pleno bum do ladrillo, unha antiga vivenda mariñeira da Pobra estaba a piques de sucumbir ao impacto das escavadoras. A súa propietaria, Celestina Porteiro, tiña previsto demoler a casa para a construción dun edificio de vivendas. Pero o executivo local, capitaneado naquel momento por Isaac Maceiras, optou por darlle un novo uso a aquel inmoble típico. Optou por conservar a parte frontal e trasladala ao parque do Castelo, para que pasase a formar parte da nova oficina de turismo da localidade.

Non foi un proceso doado, posto que se numeraron as pedras e trasladáronse para garantir a conservación da fachada tal e como fora construída. Para o resto do edificio elixiuse un deseño moderno. Non foi ata o 2001 cando concluíu a habilitación da oficina de turismo e abriu as súas portas aos visitantes.

Varios especialistas eloxiaron o proxecto realizado pola combinación de tradición e modernidade.