ABAS entregou 2.550 quilos de pasto para gañado

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

Membros da entidade comarcal e de Flor de Toxo repartiron a palla entre agricultores de Ponte Caldelas

19 novs 2017 . Actualizado ás 13:28 h.

Despois de ter recadado case 440 euros no festival que se celebrou a pasada fin de semana no teatro Elma pobrense, a Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS) cumpriu onte a súa promesa e trasladou dúas toneladas e media de herba seca ata Ponte Caldelas, onde a mercancía será distribuída entre varios gandeiros que resultaron afectados os incendios que tiveron lugar o pasado mes de outubro para que poidan alimentar aos seus animais.

A entidade barbancesa quixo así achegar o seu gran de area para tratar de paliar as graves consecuencias que provocou a onda de lumes rexistrada en Galicia. Para as tarefas de carga e descarga do camión facilitado polo Concello da Pobra que se empregou, ABAS contou coa axuda de integrantes do colectivo ribeirense Flor de Toxo.