As salas de Ribeira volven sumarse á Festa do Cine

La Voz

BARBANZA

monica ferreiros

As entradas terán un custo, tanto hoxe como mañá, de 2,90 euros

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde onte, as tres salgas que hai no interior do centro comercial de Ribeira celebran a Festa do Cine, o que significa que as entradas teñen un custo de 2,90 euros. A iniciativa prolongarase ata mañá. En ambas as xornadas, o público terá á súa disposición os seguintes títulos: Tadeo Jones 2. O segredo do Rey Midas (17.45 horas); Operación Cacahuete 2. Misión, salvar o parque (18.00); O boneco de neve (17.45, 20.15 e 22.45); Blade Runner 2049 (19.30 e 22.45) e Toc toc (20.15 e 22.45).

A carteleira manterase invariable o xoves, aínda que ese día os prezos serán os habituais do día do espectador. A Festa do Cine, á que se suman salas de toda España, chega estes días á súa décimo terceira edición.