Cruz Vermella promove unha recollida de lixo en Barraña

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A actividade, na que participan o Concello de Boiro, Axena e o Foro Ecolóxico, terá lugar o sábado

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado • Praia de Barraña (á altura do centro de saúde) • Desde as 9.00 ata as 13.30 horas • En colaboración co Concello de Boiro, Axena e o Foro Ecolóxico, a Cruz Vermella organizou para o sábado unha recollida de lixo na praia de Barraña. Do que se trata é de retirar residuos non orgánicos para a súa posterior análise. E é que a actividade forma parte dun proxecto europeo xestionado polo Ministerio de Medio Ambiente, que pasa por elaborar mostraxes periódicas sobre os refugallos que aparecen no areal. levan a cabo, de feito, actuacións similares na primavera e outono para poder facer comparativas.