Ribeira reviviu a travesía do «Xurelo»

La Voz

BARBANZA

Non dispoñible

Conmemorou o décimo aniversario da fazaña cunha gran exposición

15 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que pasaron case catro décadas desde que a tripulación do Xurelo, un palangreiro con base en Ribeira, conseguiu parar o depósito de residuos radioactivos na fosa atlántica, aquela fazaña continúa moi viva. Proba diso son os diferentes actos que se levaron a cabo para lembrar aquela viaxe e conmemorar os seus aniversarios. Un dos máis destacados tiña lugar tal día como hoxe de 1988, cando se cumpría unha década da protesta. Unha gran exposición con fotografías, recortes de prensa e outro material histórico permitía rememorar aquela aventura.

No 2006, da man de Altofalante, varios dos que participaron nas distintas travesías do Xurelo reuníronse para analizar os efectos da contaminación mariña. E no 2012 rendeuse homenaxe a Ánxel Vila, propietario do barco, que falecera o ano anterior.

O Xurelo afundiuse en decembro do 2002 e posteriormente foi reflotado para o seu despezamento.