Vilanova recorrerá ás redes sociais para homenaxear a sete das súas veciñas con motivo do 8-M

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

MARTINA MISER

O Concello tamén realizará actividades didácticas nos centros educativos

26 feb 2021 . Actualizado ás 16:54 h.

O Concello de Vilanova conmemorará o Día da muller traballadora con varias actividades nos centros educativos e as redes sociais. Farao cunha campaña de sensibilización nos institutos baixo o título «Non tóquesme ou wasap», repartición de material didáctico contra o acoso escolar nos colexios, e para os máis pequenos de infantil, un programa de lectura: «Ler en igualdade conta moito»

Este ano, debido á pandemia, non se poderá celebrar o acto de entrega dos premios a sete veciñas do municipio, pero estas non quedarán sen a súa homenaxe. Será a través duns vídeos que se publicarán a través das redes sociais do Concello vilanovés nos días previos e posteriores ao 8 de marzo.

As elixidas este ano non poderán facerse a foto de familia no salón de plenos pero realizarán entrevistas nas que darán testemuño das súas vivencias e os seus consellos para as novas xeracións de mulleres que poderán velas a través de Facebook.

O día 11 se ofrecera unha sesión online baixo o título «Corresponsabilidade e xestión do estrés».