Vilanova potenciará o museo de Julio Camba

B. C. VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

cedida

O Concello anuncia unha intervención xunto á Xunta coincidindo, o ano próximo, co 60 aniversario da morte do escritor

25 feb 2021 . Actualizado ás 14:21 h.

Co permiso de Valle-Inclán, os irmáns Camba tamén reclaman o seu espazo en Vilanova. A localidade arousá foi prolífica en escritores ilustres e o Concello soubo explorar esta vía con fins culturais e turísticos. O Cuadrante, casa natal de Valle-Inclán, está xa máis que consolidado de maneira que o ano próximo será a quenda do museo Irmáns Camba.

Alí se garda material sobre a vida e obra de Julio e Francisco Camba, pero o espazo necesita unha revisión para actualizar contidos e facelo máis atractivo e, aproveitando o 60 aniversario do falecemento de Julio Camba en 2022, o Concello anuncia unha intervención neste ámbito. De todo iso falouse onte, co gallo da visita que fixo a Vilanova o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na que non faltou a visita ao museo situado en Vilamaior. Con el estiveron o alcalde, Gonzalo Durán, e o cronista oficial de Vilanova e premio de xornalismo Julio Camba, Benito Leiro.