Estraño incendio forestal en San Miguel de Deiro

La Voz VILANOVA / LA VOZ

VILANOVA DE AROUSA

MARTINA MISER


Protección Civil e unha brigada da Xunta extinguiron o lume, que calcinou uns 3.000 metros cadrados de vexetación

24 feb 2021 . Actualizado ás 22:15 h.

Ao redor das tres e media da tarde deste mércores a Policía Local de Vilanova de Arousa alertaba á agrupación municipal de Protección Civil dun incendio na zona arboredo situado na parte posterior da gasolineira do Eroski de San Miguel de Deiro. Persoal do corpo de voluntarios e unha brigada da Xunta de Galicia atopáronse, explican desde Protección Civil, cun incendio estraño, que creen intencionado tendo en conta que nesta época do ano e dado o persistente estado de inclemencia meteorolóxica resulta difícil de imaxinar unha combustión espontánea.

A acción combinada de Protección Civil e o operativo autonómico limitou a uns 3.000 metros cadrados a zona vexetal carbonizada, cuberta antes do lume principalmente por toxos e matogueira.