Vilanova acolle este mes varias xornadas dirixidas ás mulleres do mar

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

MARTINA MISER

Serán no pazo Vista Real (Vilanova) os días 7, 14 e 21 de xullo, ás 18 horas

06 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Arousa (GALP) continúa coa liña de proxectos con perspectiva de xénero para promover a igualdade no sector do mar. Este mes celebra tres xornadas de formación sobre habilidades dixitais, traballo en equipo e liderado e comunicación en público. Estas sesións levaranse a cabo no pazo Vista Real (Vilanova) os días 7, 14 e 21 de xullo, ás 18 horas.

Despois do verán haberá outras tres sesións, de carácter aberto e con profesionais expertas no Réxime do Mar e en Saúde Laboral asociada ás profesións do mar nas que hai maior número de mulleres traballando. Por último, en outubro celebrarase unha sesión de peche do proxecto, con presencia institucional.