Perdomo será a estrela invitada da Festa do Momo de Vilanova

B. C. VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O popular actor xa foi pregoeiro da Festa do Mexillón no 2018

08 feb 2020 . Actualizado ás 14:02 h.

O popular actor David Perdomo, O Coruño, será a estrela invitada da Festa do Momo de Vilanova. En agosto do 2018 xa se lle viu por Vilanova en calidade de pregoeiro da Festa do Mexillón e do Berberecho e agora volve á terra de Valle-Inclán para animar o Entroido. Perdomo é un personaxe cun gran tirón entre o público por mor do seu éxito televisivo en programas como «Land Rover» e «Non lle digas a mamá que traballo na tele».

A popularidade chegoulle coa televisión, pero David Perdomo considérase por amais de todo músico e compaxina o seu traballo de bis cómica co de actor de teatro clásico con montaxes como «Macbeth».