Un ferido tras un envorco en Lalín

La Voz

VILANOVA DE AROUSA

cedida

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O mozo F. J. B. P., de 26 anos, resultou ferido onte nunha saída de vía rexistrada na estrada Lalín-O Irixo (PO-902) ao seu paso por Vilanova (Lalín). Conducía un Peugeot 208 que circulaba en dirección a Lalín, saíuse da vía, impactou contra a varanda do carril contrario e acabou completamente envorcado. Foi trasladado ao hospital Clínico pola ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.