Vilanova prepara os actos do Día da paz

B. C.

VILANOVA DE AROUSA

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

30 de xaneiro • 11 horas • Campo de fútbol do Terrón • O Concello de Vilanova iniciou os preparativos, xunto aos colexios do municipio, para a celebración do Día da paz. Os alumnos serán citados no campo de fútbol do Terrón -en caso de choiva, o acto trasladarase ao pavillón multiusos- onde cantarán ao unísono unha canción, haberá música a cargo dun dj, os nenos deixarán as pegadas das súas mans sobre un mural elaborado para a ocasión e non faltará a tradicional solta de pombas. Haberá, ademais, dúas carreiras solidarias, en función das idades, que servirán para reunir alimentos para as familias desfavorecidas. No acto participarán a policía local e protección civil.