«Somos criminais 3» traerá de volta a Vilagarcía a Blanco e Touriñán en febrerio

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

O espectáculo recalará no auditorio os días 4 e 5, con un total de catro pases

30 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Como non podía ser doutro xeito, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán regresarán a Vilagarcía para representar o seu novo espectáculo, unha nova entrega do xa mítico Somos Criminais. A nova xira galega dos cómicos máis mediáticos do país recala no Auditorio o venres 4 e o sábado 5 de febreiro. En vista do éxito de público da primeira a parte do Somos Criminais, na que tiveron que dobrar funcións enchendo por completo os aforos, neste caso xa se programan dous pases cada día. Serán ás 20 e as 23 horas. As entradas xa están á venta a través da web www.somoscriminais.gal aos prezos de 12, 15 e 18 euros.

Logo do éxito de Somos Criminais, o espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia con máis de 50.000, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven aos teatros este outono. Como segundas partes nunca foron boas, chega directamente Somos Criminais 3. Na obra analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos. Un espectáculo completamente novo, que conta outra vez coa dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A Touriñán.