Os negocios da contorna de Ravella alertan dos furtos que comete unha muller en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

levou 560 euros dunha tenda de rompa aproveitando un descoido

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

«Estamos cansos, porque non é a primeira vez, sempre está por aquí e entrou en varios locais». Esta é a protesta que onte quixo facer pública a propietaria da tenda de roupa e complementos que abre as súas portas na rúa Arapiles de Vilagarcía e foi vítima do furto de 560 euros o sábado pola mañá. A autora da subtracción é unha muller de mediana idade, que nun descoido conseguiu situarse tras a caixa rexistradora, a cuxo contido botoulle a man. En canto a comerciante decatouse do ocorrido, ela e varios compañeiros saíron a rúa e seguírona, ata que a Policía Local a detivo cando se dirixía cara a Rey Daviña.

A muller ocultara o diñeiro na parte posterior do seu pantalón. «O día anterior xa se levou catrocentos euros dun bar e dous miles doutro, que escondía no peito, e polo que sabemos o mesmo sábado pola noite tamén foi sorprendida en Rubiáns», explica a responsable da tenda, que quere alertar sobre a súa presenza na zona de Ravella. A muller, polo visto, dorme no interior dun automóbil.