Martina López e Gustavo Santiago gañan a Nocturna

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Douscentos atletas tomaron parte na competición

02 ago 2021 . Actualizado ás 12:15 h.

Adaptada ás circunstancias da pandemia, con saída en formato contrarreloxo e con menos público que outros anos por ese motivo, pero Vilagarcía recuperou a súa carreira nocturna, con douscentos corredores en liza.

Martina López Gestal foi a vencedora na categoría feminina, por diante de Anxos Iglesias e Marisé Astorga, e Gustavo Santiago impúxose na masculina, con Jordi Carrascos e Jacobo Crego na segunda e terceira posición respectivamente.