Mortaldade masiva de marisco en Carril: o efecto das choivas aflora na praia

Bea Costa
Bea Costa VILAGARCÍA

AROUSA

Primeiro perdeuse a ameixa babosa e agora, tamén, a japónica e o berberecho, segundo informan o sector

01 mares 2021 . Actualizado ás 08:01 h.

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras e a estampa que deixan os viveiros de marisco de Carril neste espléndido día de sol non deixan lugar a dúbidas. Un manto branco de cunchas cobre os parques de cultivo e as autorizacións de marisqueo a pé. Días atrás xa se percibiu a mortaldade de ameixa babosa, pero parece que tampouco se salvaron nin a ameixa japónica nin o berberecho.

Segundo explican desde o sector, o motivo é o descenso da salinidade que rexistrou a auga de mar como consecuencia das abundantes precipitacións caídas durante os meses de xaneiro e febreiro. Choveu sen tregua e isto sáelle caro a quen se dedican a cultivar marisco. Entre a praia da Compostela e a illa de Cortegada despréganse un milleiro de viveiros e de zonas de produción natural que se converteron nun cemiterio de bivalvos. O presidente da agrupación de marisqueo a pé, Rolando Vidal, xa fala de solicitar á Consellería do Mar algún tipo de axuda, mediante a fórmula do cesamento de actividade, para paliar as perdas económicas derivadas da mortaldade de marisco. A agrupación acaba de sementar un millón de unidades de babosa e investiu 60.000 euros en cría de japónica que na agrupación dan por perdidos.