O Arousa defende o liderado na Lomba ante un Choco á alza

Antonio Garrido Viñas
antonio garrido VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Fajardo, cunha lesión no nocello, pérdese a cita e será baixa polo menos un mes

15 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Na Lomba, e ante os 150 afortunados que tiveron a sorte de conseguir o pase, o Arousa defende o liderado que ostenta no grupo B desta estraña Terceira División. Faino recibindo ao Choco (17.00) e subido á onda boa, que o leva polo aire con tres vitorias consecutivas que quererá aumentar esta tarde. Mídense os de Rafa Sáez ao Choco, outro conxunto que chega coa moral reforzada tras o importante triunfo que logrou a pasada fin de semana ante o Ourense Cf. Unha vitoria que lle permitiu escapar desa perigosa zona táboa da que este ano hai que fuxir canto antes para evitar problemas.

Garda o Choco moitas similitudes con anteriores campañas. Tanto na conformación do persoal, onde seguen futbolistas de sobrada calidade e experiencia na categoría, como na planificación da tempada, sempre lanzando o reto da permanencia coa boca grande, pero sen desdeñar outros obxectivos coa pequena.

Rafa Sáez terá a baixa de Fajardo, que estará ao redor dun mes no dique seco por unha lesión no nocello, nunha convocatoria que estará formada por Manu Táboas e Álex Cobo; Adrián, Coti, Fontán, Campillo, Javi Otero, Pillado, Pedro Beda, Julio Rey , Joel Sanabria, Mon González, Ross, Sidibé, Grégor e Róber.