Preto de trescentos inscritos para tomar parte no programa de Novos Valores

a.g.

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A cifra supón un incremento do 30 % con respecto ao pasado ano

18 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O pasado venres pechouse o prazo de inscrición para o programa de Novos Valores do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía e pechouse con preto de trescentos solicitudes de participación, 284 para ser exactos. A cifra supón un incremento do 30 % con respecto ao pasado ano.

O maior número de solicitudes recibidas para participar correspóndese á especialidade de violín (57), seguido de viola (53) e canto, co 51. Violoncelo recibiu 37, piano 34 e clarinete, 17.

Apuntan desde o Concello que varios dos candidatos obtiveron galardóns de primeiro nivel en varios concursos internacionais de renome e que se incrementou tamén o número de países de procedencia dos aspirantes, que chegan desde os cinco continentes. España encabeza a lista, seguida por Estados Unidos.

Agora chega a quenda de que a organización faga a selección definitiva dos músicos que protagonizarán os concertos do Clasclás.