A mocidade arousá súmase aos venres verdes

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Mozos de Vilagarcía concentráronse onte, e algún declarouse en folga nos seus institutos

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A moza sueca de 16 anos Greta Thunberg leva tempo espertando a necesidade dunha rebelión ecoloxista que salve ao planeta do colapso entre a mocidade do seu país, primeiro, para estenderse xa por todo o vello continente. Onte o seu movemento, os «Venres Verdes», que move a miles de estudantes a mobilizarse un día á semana para facer pública a súa crítica aos seus maiores e reclamar un cambio radical no modelo de explotación dos recursos do planeta, acadou de cheo Arousa. Con concentracións como o de Vilagarcía, e mesmo alumnos de instituto que se declararon en folga. foto martina miser