As meigas tomaron Vilagarcía

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

01 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha queimada na praza de Galicia puxo onte o punto e final á Noite dás Meigas de Vilagarcía, que, finalmente, foi moito máis que unha noite. Este ano, o Concello ampliou o programa adiantándoo ao venres e ao longo do sábado sucedéronse as actividades con pasacalles, xogos, lectura de contos e a escenificación de de os rituais de iniciación á noite máis meiga do calendario, co permiso de San Xoán. O persoal axiña que se meteu nunha pota como deu boa conta da gastronomía que se servía nos «poboados meigos».