Os auténticos campións de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

10 jul 2019 . Actualizado ás 20:22 h.

Os dez deportistas que representaron a Vilagarcía nos xogos do Eixo Atlántico e os seus adestradores foron recibidos onte polo alcalde, Alberto Varela. Leste felicitou a todos eles polo gran papel desempeñado nese certame, que aínda se está celebrando na cidade portuguesa de Braga. E é que cinco deles lograron medallas: Carmen González, Yousef Chefaoui, David Camiño, Paula Ramalo e Brais Val, e Vilagarcía quedou clasificada en cuarta posición. Ademais do agradecemento do alcalde, os deportistas do Centro de Educación Especial e de Con Eles recibiron o pin da cidade. foto m. miser