Primeira clase maxistral de Pascual

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Desenvólvese no pavillón de Fontecarmoa

15 jun 2019 . Actualizado ás 21:05 h.

O ex adestrador do Barça e Panathinaikos, o catalán Xavi Pascual, ofreceu onte a primeira das súas dúas clases maxistrais no Clínic Vilagarcía no pavillón de Fontecarmoa. Tras falar de «Construción de ataque en pretemporada» hoxe, ás 10, farao de «Ataque e defensa do bloqueo directo», abrindo unha xornada que contará tamén con clases de Sandra Prieto, Pablo Abuín e Carlos Flores.