Un ferido por unha saída de vía en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Trátase do condutor dun vehículo de repartición de La Voz de Galicia

23 may 2019 . Actualizado ás 17:23 h.

Un home resultou ferido esta mañá como consecuencia dunha saída de vía ocorrida no acceso ao viario do Porto desde a rúa Pablo Picasso (Vilagarcía). Trátase do condutor dun vehículo de repartición de La Voz de Galicia, que precisou atención hospitalaria como consecuencia do accidente. Ata o punto desprazáronse efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias, a Policía Local e Garda Civil de Tráfico.