Un incendio causa danos nunha vivenda de Rubiáns

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Un curtocircuíto puido provocar o lume, que afectou a un salón e un trasteiro

21 abr 2019 . Actualizado ás 22:39 h.

Os bombeiros do Consorcio Provincial, xunto cos efectivos de Emerxencias Vilagarcía, acudiron onte pola tarde a Rubiáns, onde se declarou un incendio no interior dunha vivenda. Un curtocircuíto puido ser a causa das chamas, que afectaron a distintos aveños tanto do salón como do baixo cuberta. Afortunadamente, a rápida intervención dunha patrulla da policía, impediu que os danos fosen maiores.