A Policía Local de Vilagarcía recupera un ciclomotor roubado o domingo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O vehículo apareceu nunha rúa de Perrón, en aparente bo estado

19 abr 2019 . Actualizado ás 21:00 h.

Cinco días permaneceu desaparecido, ata que foi achado este venres, pola mañá, na rúa Quinteiro, de Perrón (Rubiáns). A Policía Local de Vilagarcía recuperou un ciclomotor que foi subtraído o domingo pasado na Laxe. O vehículo funciona e atópase en aparente bo estado. Tanto polo menos, como no momento no que foi roubado.