Os feitos producíronse esta mañá e interveu o Servizo Municipal de Emerxencias
24 mares 2019 . Actualizado ás 18:12 h.A calor e a seca son bos aliados para os incendios. En Vilagarcía produciuse esta mañá o primeiro lume da primavera na parroquia de Rubiáns, no que arderon ao redor de 400 metros cadrados de matogueira. As chamas foron sufocadas polo Servizo Municipal de Emerxencias, que mobilizou dúas dotacións coa bomba urbana lixeira e a autobomba abastecedora pesada.