Vilagarcía adquire os terreos necesarios para a ampliación da piscina municipal

Serxio González Souto
serxio gonzález VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

A súa construción, que se calcula en 1,3 millóns, financiarase na súa maioría con fondos europeos

22 mares 2019 . Actualizado ás 21:08 h.

O Concello de Vilagarcía ten desde onte á súa disposición a parcela de 3.762 metros cadrados sobre a que se construirá a segunda piscina municipal da capital arousá. A operación formalizouse ante notario coa firma do documento de compra-venda por parte do alcalde, Alberto Varela, e dos anteriores propietarios dos terreos, José Chorén, Manuel Navia, María Luisa Rodríguez e Ana María Lago. O seu prezo final foi de 114.364 euros, que Ravella financia cos fondos que lle corresponden dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A ampliación consistirá na construción dun novo vaso de 25 metros de longo por 12,5 de ancho, ademais dun vaso pequeno destinado a cursos e aos usuarios infantís. O proxecto non se limitará á construción desta zona nova, xa que tamén se reformará a fachada acristalada da actual piscina, que presenta problemas de condensación.

A falta de dispor do proxecto técnico, a cuxa redacción se destinarán uns sesenta mil euros, os cálculos do Concello indican que o investimento acadará os 1,3 millóns de euros, que se financiarán na súa maioría a través dos fondos europeos concedidos para o programa Vilagarcía Avanza.

A intención do goberno que lidera o socialista Alberto Varela é que o proxecto estea listo este ano para que a seguinte corporación poida sacalo a licitación ao longo do 2020,