Golpe ao furtivismo en Cortegada

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Un total de 37 persoas foron identificadas onte pola tarde mentres faenaban ilegalmente na contorna da illa

22 mares 2019 . Actualizado ás 13:03 h.

Unha operación conxunta da Policía Nacional, o servizo marítimo da Garda Civil e Gardacostas permitiu propinar un golpe á rede de furtivos que adoitan operar no fondo da ría de Arousa. Onte, ás dez da mañá, un combinado de todas estas forzas se despregou por terra e por mar na contorna da illa de Cortegada, atrapando nas súas redes a 37 furtivos que foron identificados e denunciados por marisqueo ilegal. Aínda que, ao detectar a presenza dos axentes, estas persoas lanzaron boa parte das súas capturas ao mar, os efectivos policiais fixéronse cun total de 115 quilos que foron devoltos á auga. Eran ameixa japónica, fina, babosa e berberecho. Ademais deste marisco, no operativo foron requisados sete raños, 18 sachos, seis ganchas, catorce caldeiros, once capachos, tres anciños e un flotador.