Joe Crecúspulo abre o ciclo de Achégate ao Salón

a. g.

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

O 24 de febreiro, no Salón García de Vilagarcía

19 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

24 de febreiro • 13.00 • 9 euros adultos, 3 euros menores de 16 anos, gratis para os desempregados • Salón García (Vilagarcía) • O vindeiro sábado arrincará a cuarta edición do ciclo Achégate ao Salón, que organiza a concellaría de Cultura de Vilagarcía. Arrinca coa actuación de Joe Crecúspulo, que cumpre dez anos coa súa proposta musical e faino coa publicación de 10, un álbum recompilatorio no que repasa toda a súa traxectoria. Un concerto tecno-indie, que será o primeiro dun ciclo que tamén contará coas actuacións de Soleá Morente (o día 24 de marzo) e de Mikel Erentxun (14 de abril). As entradas para todos os concertos se poden adquirir xa a través de ticketea.com.